Para as crianzas da Semente:

“Sete sementes pequenas
Antía, nunha barquiña de noz,
Cloe, nunha fabiña que gabea entre algodóns nun tarro,
Xiana, nun pé de millo ventureiro,
Uxío, nunha pataca branca, branquísima, como a lúa,
Aroa, nunha landra baixo o outono,
Martín, nun pexegueiro milagroso,
Naia, nunha vaina de chícharos amorosos.
Apertadiños nunha aperta de irmáns
son
sete sementes pequeniñas e prodixiosas
que desafían o inverno máis cru deste país
tamén
pequeno
e marabilloso.”

Poema para Semente Vigo 2015

 

Ficamos obrigad@s com a autora, María de Mallou.