Outro dos prémios que sortearemos o 20 de dezembro entre as pessoas que figeram ou vaiam fazer doações a partir de 20€, é umha cesta de produtos da cooperativa de consumo consciente Árbore de Vigo. Desde ali enviam-nos estas mensagens:

“Son moitos os motivos polos que apoiar este proxecto, pero a relación é directa na proposta dunha educación cunha visión crítica por exemplo do consumo responsable. A educación é a función social máis necesaria e transformadora e quixemos estar aquí co noso pequeno contributo para unha aposta como a de Semente”.

“Apoiar a semente é de darlle pulo a moitas das preocupacións que fixeron agromar Árbore, outro pulo a esta transformación social, e que grazas a Semente teremos unhas novas xeracións con maior apego a terra, a medrar doutro xeito, con valores. Apostar pola Semente é apostar por unha lingua, unha cultura, unha forma de consumo… moitas cousas son as que nos unen á Semente, e por iso, non podiamos deixar de apoiar, para que este proxecto siga crecendo”.

Lembra que para colaborares connosco, temos conta na Caixa Rural Galega, com o IBAN: ES3330700045166112303927 e o BIC: BCOEESMM070. O assunto a colocar é “Doaçom à Semente Vigo de (o teu nome e apelidos)”.Obrigad@s a tod@s @s que já o tedes feito!

arbore 2