O sábado decorreu a nossa quarta assembleia na que aprovamos as contas e o relatório de gestom de 2014 e o planificaçom de 2015. Aliás renovamos a Junta Diretiva e debatemos sobre os aspetos mais importantes do projeto.
Ficamos muito obrigad@s às pessoas que assististes por ajudares a medrar a Semente Vigo e especialmente às Amigas de Marina pola música e o baile e a Manolo Pipas por nos presentear este poema:
a semente abriu en teis
outro espacio educativo
casiña que olla pra ría
aire fresco pros cativos
a semente xermolóu
coa fala en irmandade
nais e pais i educadoras
coa terra e a sociedade
nen pública nen privada
comunitaria semente
pedagoxía en movemento
en diálogo permanente
entre o sar e o lagares
polo miño e o anllóns
as sementes que xermolen
e que medren con paixón
no encontro na casiña
esta húmida mañán
manolo pipas